|
ÍNDICE
II
Este é o Prologo das Cantigas de Santa Maria, ementando as cousas que a mester eno trobar.
Porque trobar é cousa en que jaz
entendimento, poren queno faz
ao d'aver e de razon assaz,
per que entenda e sabia dizer
o que entend' e de dizer lle praz,
ca ben trobar assi s'a de ffazer.
E macar eu estas duas non ey
com' eu querria, pero provarei
a mostrar ende un pouco que sei,
confiand' en Deus, ond' o saber ven,
ca per ele tenno que poderei
mostrar do que quero alguna ren.
E o que quero é dizer loor
da Virgen, madre de nostro Sennor,
Santa Maria, que ést' a mellor
cousa que el fez; e por aquest' eu
quero seer oy mais seu trobador
e rogo-lle que me quiera por seu
Trobador e que queira meu trobar
reçeber, ca per el quer' eu mostrar
dos miragres que ela fez; e ar
querrei-me leixarde trobar des i
por outra dona, e cuid' a cobrar
per esta quant' enas outras perdi.
Onde lle rogo, se ela quiser,
que lle praza do que dela disser
en meus cantares e, se ll'aprouguer,
que me dé gualardon com' ela da
aos que ama; e queno souber,
por ela mais de grado trobará.
1.- Esta é a primeira cantiga de loor de Santa Maria, ementando os VII goyos que ouve de seu Fillo.
Des oge mais quer' eu trobar
pola Sennor onrrada,
en que Deus quis carne fillar
beneyta e sagrada,
por nos dar gran soldada
no seu reyno e nos er dar
por seus de sa masnada
de vida perlongada,
sen avermos pois a passar
per mort' outra vegada.
E poren quero començar
como foy saudada
de Gabriel, u lle chamar
foy: "Ben aventurada
Virgen, de Deus amada,
do que o mund' a de salvar
ficas ora prennada;
e demais ta cunnada
Elisabeth, que foi dultar,
é end' envergonnada".
E demais quero-ll' enmentar
como chegou canssada
a Belleem e foy pousar
no portal da entrada,
u paryu sen tardada
Jesu-Crist', e foy-o deytar,
como moller menguada,
u deytan a cevada,
no presev', e apousentar
ontre bestias d'arada.
E non ar quero obridar
com' angeos cantada
loor a Deus foron cantar
e "paz en terra dada";
nen como o contrada
aos tres Reis en Ultramar
ouv' a strela mostrada,
por que sen demorada
veneron sa offerta dar
estranna e preçada.
279.- Como el Rei pidiu mercee a Santa Maria que o guarecesse duna grand' enfermidade que avia; e ella, como Sennor poderosa, guareçé-o.
Santa Maria, valed', ai, Sennor,
e acorred' a vosso trobador,
que mal lle vai.
A tan gran mal e a tan gran door,
Santa Maria, valed', ai, Sennor,
como soffr' este vosso loador;
Santa Maria, valed, ai, Sennor,
e san' é ja, se vos en prazer for,
do que diz "ai".
Pois vos Deus fez d'outra cousa mellor
e vos deu por nossa rezonador,
seede-mi ora, bon' ajudador
en est' enssay.
Que me faz a mort', ond' ei gran pavor,
e o mal que me ten tod' enredor,
que me fez mais verde mia coor
que dun canbrai.
Que fez enton a galardonador
de todo ben e do mal sanador?
Tolleu-ll' a fever e aquel umor
mao e lai.
315.- Esta é como Santa Maria guareçeu en Tocha, que é cabo Madride, un meyno que tinia huna espiga de trigo no ventre.
Tant' aos peccadores | a Virgen val de grado,
per que seu santo nome | dev' a seer mui loado.
E daquesto aveno | miragre mui fremoso
que fez Santa Maria, | e d'oyr saboroso,
cabo Madrid' en Tocha | logar religioso,
que vos contarei ora | se me for ascuitado.
En huna aldea preto | de Madride morava
huna moller mesqyna, | e seu fillo criava
que avia pequeno, | que mais ca sy amava,
que a perder ouvera, | se non fosse guardado
pola Virgen beneita | de como vos diremos.
Ca aquela mesquynna | foi, en com' aprendemos,
a espigar con outras | e, com' oyd' avemos,
seu fill', aquel menyno, | en braç' ouve levado.
E quand' entrou na messe | u as outras espigavan,
agarimou o moço | a feixes que estavan
feitos d'espigas muitas, | que todos apannavan,
e a Santa Maria | o ouv' acomendado
que llo guardass'. E logo o menynno achada
ouv' una grand' espiga | de granos carregada
de triigo, que na boca | meteu e que passada
a ouve muit' agynna; | onde pois foi coitado
tan muito, que o ventre | lle creceu sen mesura.
Quand' esto viu a madre, | ouv' en tan gran rancura,
porque cuidou que era | morto per ssa ventura
maa; e a Madride | o levou muit' inchado.
E cuidando que era | de poçony' aquel feito
de coovr' ou d'aranna, | ca sol seer tal preito,
teve-o muitos dias | assi atan maltreito,
que sempre sospeitava | que morress' affogado.
E mentr' assi estava, | deron-lle por conssello
que a Santa Maria, | que éste noss' espello,
de Tocha o levasse, | e esto per concello,
ca Deus y mostraria | miragre sinaado.
A moller fillou logo | seu fill' e foi correndo
con el, chorando muito, | braadand' e dizendo:
"Virgen Santa Maria, | com' eu creo e entendo,
sanar podes meu fillo | sen tempo alongado."
Quando foi na eigreja, | o menynno fillaron
elas e sas vezynnas | e logo o deitaron
ant' o altar, e logo | todo o desnuaron
por veer se parara | algur bic' ou furado.
O moço desnuando, | cataron e cousiron
com' era tod' inchado; | mais non lle sentiron
senon que a espiga | logo lla sayr viron
tod' enteira e sana | pelo senestro lado.
Quand' esto viu a gente, | deron todos loores
a Deus e a ssa Madre, | a Sennor das sennores,
que faz taes miragres | e outros mui mayores;
e porend' o seu nome | seja grorificado.
41.- Esta é como Santa Maria guareceu o que era sandeu.
A Virgen, Madre de Nostro Sennor,
ben pode dar seu siso
ao sandeu, pois ao pecador
faz aver Parayso.
En Seixons fez a Garin cambiador
a Virgen, Madre de Nostro Sennor,
que tant' ouve de o tirar sabor
a Virgen, Madre de Nostro Sennor,
do poder do demo, ca de pavor
del perdera o siso;
mas ela tolleu-ll' aquesta door
e deu-lle Parayso.
Gran ben lle fez en est' e grand' amor
a Virgen, Madre de Nostro Sennor,
que o livrou do dem' enganador,
a Virgen, Madre de Nostro Sennor,
que o fillara como traedor
e tollera-ll' o siso;
mas cobrou-llo ela, e por mellor
ar deu-lle Parayso.
Loada ser mentr' o mundo for
a Virgen, Madre de Nostro Sennor,
de poder, de bondad' e de valor,
a Virgen, Madre de Nostro Sennor,
porque a ssa mercee é mui mayor
ca o nosso mal siso,
e sempre a seu Fill' é rogador
que nos dé Parayso.
47.- Esta é como Santa Maria guardou o monge, que o demo quis espantar por lo fazer perder.
Virgen Santa Maria,
guarda-nos, se te praz,
da gran sabedoria
que eno demo jaz.
Ca ele noit' e dia / punna de nos meter
per que façamos erro, / porque a Deus perder
ajamo-, lo teu Fillo, / que quis por sofrer
na crux paxon e morte, / que ouvessemos paz.
E desto, meus amigos, / vos quer' ora contar
un miragre fremoso, / de que fix meu cantar,
como Santa Maria / foi un monge guardar
da tentaçon do demo, / a que do ben despraz.
Este mong' ordynado / era, segund' oy,
muit', e mui ben sa orden / tinia, com' aprendi;
mas o demo arteiro / o contorvou assy
que o fez na adega / bever do vyn' assaz.
Pero beved' estava / muit', o monge quis s' ir
dereit' aa eigreja; / mas o dem' a sair
en figura de touro / o foi, polo ferir
con seus cornos merjudos, / ben como touro faz.
100.- Esta é de loor.
Santa Maria,
Strela do dia
mostra-nos via
pera Deus e nos guia.
Ca veer faze-los errados
que perder foran per pecados
entender de que mui culpados
son; mais per ti son perdonados
da ousadia
que lles fazia
fazer follia
mais que non deveria.
Amostrar-nos deves carreira
por ganar en toda maneira
a sen par luz e verdadeira
que tu dar-nos podes senlleira;
ca Deus a ti a
outorgaria
e a querria
por ti dar e daria.
Guiar ben nos pod' o teu siso
mais ca ren pera Parayso
u Deus ten senpre goy' e riso
pora quen en el creer quiso;
e prazer-m-ia
se te prazia
que foss' a mia
alm' en tal compannia.
260.- Esta é de loor de Santa Maria.
Dized', ai, trobadores,
a Sennor das sennores,
porqué a non loades?
Se vos trobar sabedes,
a por que Deus avedes,
porqué a non loades?
A Sennor que d vida
e é de ben comprida,
porqué a non loades?
A que nunca nos mente
e nossa coita sente,
porqué a non loades?
A que é mais que bona
e por que Deus perdona,
porqué a non loades?
A que nos da conorte
na vida e na morte,
porqué a non loades?
A que faz o que morre
viv' e que nos acorre
porqué a non loades?
195.- Como Santa Maria fez que onrrassen o cavaleiro que morreu no torneamento, porque guardou a sa festa.
Quena festa e o dia / da mui Groriosa
quiser guardar todavia, / seer-lle piadosa.
E desto contado
per mi mui de grado
ser e mostrado
que a que nos guia,
a mui Preciosa,
fez miragre sinaado,
come poderosa,
Duun bon cavaleiro
d' armas, que senlleiro
con seu escudeiro
a un tornei ya
e viu mui fremosa
menyna en un terreiro
e muit' amorosa.
El nunca quisera
casar, mas mui fera-
mente garçon era;
poren lle fazia
ssa luxuriosa
voontade que ouvera
sempr' e boliçosa,
Que a cobiiçasse
e sigo levasse,
e que averia
noite mui viçosa,
se con ela albergasse,
e mui saborosa.
A seu padr' agynna
mandou da menynna,
dessa fremosynna,
que el lle daria
per que menguadosa
nunca fosse nen mesquyna,
mais sempr' avondosa.
105.- Como Santa Maria guareceu a moller que chagar seu marido porque a non podia aver a ssa guisa.
Gran piadad' e mercee e nobreza,
daquestas tres á na Virgen assaz,
tan muit' en, que maldade nen crueza
nen descousimento nunca lle praz.
E desto fezo a Santa Reynna
gran miragre que vos quero contar,
u apareceu a huna menyna
en un orto u fora trebellar,
en cas de seu padr' en una cortynna
que avia ena vila d' Arraz.
Quando a viu ouv' enton tan gran medo
que adur pod' en seus pees estar,
mai-la Virgen se lle chegou mui quedo
e disse: "Non ás por que t' espantar;
mais se me creveres, irás mui cedo
u verás meu Fillo e min faz a faz.
Esto ser sse ta virginidade
quiseres toda ta vida guardar
e te quitares de toda maldade,
ca por aquesto te me vin mostrar."
Diss' a moçaa: "Sennor de piadade,
eu o farei, pois vos en prazer jaz."
Enton sse foi log' a Virgen Maria;
e a meninna ficou no lugar
mui pagada e con grand' alegria,
e no coraýon pos de non casar.
Mais seu padre lle diss' assi un dia:
"Casar-te quero con un Alvernaz,
Ome que é mui ric' e muit' onrrado
e que te quer logo grand' algo dar."
Diss' a moça: "Esto non é penssado,
ca Santa Maria mio fez jurar,
que mi apareceu no orto, no prado,
u trouxe sigo d' angeos grand' az."
192.- Como Santa Maria livrou unu mouro a que queria fillar o demo, e feze-o tornar crischano.
Muitas vegadas o dem' enganados
ten os omes, porque lles faz creer
muitas sandezes; e taes pecados
desfaz a Virgen por seu gran saber.
E desto contado / vos ser per mi
miragr' e mostrado / quant' end' aprendi,
fremos' aficado, / e ben ascuitado
será, per meu grado, / e dev' a seer,
que o muit' onrrado / Deus, e acabado
pola de que nado / foi, quiso fazer.
En Consogr' avia / un bon am' atal
que Santa Maria / amava mais d' al,
e mui gran perfia / por ela prendia
sempre cada dia, / com' oy dizer,
con un d' Almaria / mouro, que dizia
que ren non valia / o seu gran poder.
Aqueste mour' era / daquel om' e seu
cativo, e fera- / ment' era encreu;
e ja o quisera / de grad' e fezera
crischano e dera- / lle de seu aver.
Mais non podera, / macar lo dissera,
con el, ca tevera / sempr' en descreer
Ena Groriosa, / e a razonar
mal e soberbiosa- / ment' e desdennar
que era 'nganosa / muit' e mentirosa
sa fe e dultosa / e sen prol tener;
e tal revoltosa / cous' e enbargosa
e d' oir nojosa / non é de caber.
142.- Como Santa Maria quis guardar de morte un ome dun rei que entrara por huna garça en un rio.
Ena gran coita sempr' acorrer ven
a Virgen a quen fia en seu ben.
Com' huna vez acorreu ant' el Rey
Don Affonso, com' ora vos direi,
a un ome que morrera, ben sei,
se non fosse pola que nos manten.
Esto foi eno rio que chamar
soen Fenares, u el Rey caçar
fora, e un seu falcon foi matar
en el huna garça muit' en desden.
Ca pero a garça muito montou,
aquel falcon toste a acalçou
e dun gran colb' a aa lle britou,
e caeu na agua, que ja per ren
Os canes non podian acorrer,
ca o rio corria de poder,
por que ouveran a garça' a perder.
Mas el Rey deu vozes: "Quen será, quen?"
289 (= 396).- Como Santa Maria de Tocha guariu un lavrador que andava segando en dia de San Quirez, que se lle çerraron os punos ambos.
Pero que os outros santos | a vezes prenden vingança
dos que lles erran, a Madre | de Deus lles val sen dultança.
Desto direi un miragre | grande que cabo Madride
fez na eigreja de Tocha | a Virgen; poren m'oyde
todos mui de voontade | e mercee lle pedide
que vos gaanne de seu Fillo | dos peccados perdonança.
Onde foi assi un dia | que un lavrador na festa
de San Quireze segava | huna messe per gran sesta,
tenendo sa fouç en mano | e un sombreir' en sa testa,
de pallas, per que cuidava | dos sol aver amparança.
E porque en aquel dia | de San Quireze segava,
Deus, por onra daquel santo, | a mano con que cuidava
o manoll' alçar de terra | con ele se ll' apertava
de guisa que non podia | aver ende delivrança.
Outrossi a mano destra | cona fouce apertada
foi, assi como se fosse | con fort' engrud' engrudada;
e ben assi o levaron | tolleito a ssa pousada
os outros. E aquel dia | sol non ouveron ousança
de segaren; mais tan toste | aquel lavrador levaron
como x' estava a Tocha, | e muito por el rogaron
a Virgen Santa Maria | e ant' o altar choraron
dela que lle perdnasse | aquela mui grand' errança
que fezera, e chorando | el muit' e de voontade,
rogando Santa Maria | quepela ssa piadade
lle valess'e non catasse | aa ssa gran neicidade,
e que daquela gran coita | o tirasse sen tardança.
Pois assi ouve chorado | log' a Sennor das sennores
lle valeu, que senpr' acorre | de grad' aos peccadores,
e desaprendeu-ll' as manos | e tolleu-ll' end' as doores;
por que en todos ben devemos | aver en ela fiança.
401.- Esta é petiçon que fezo el Rey a Santa Maria.
Macar poucos cantares / acabei e con son
Virgen, dos teus miragres, / peço-ch' ora, por don
que rogues a teu Fillo / Deus que el me perdon
os pecados que fige, / pero que muitos son,
e do seu parayso / non me diga de non,
nen eno gran juyzio / entre mig' en razon,
nen que polos meus erros / se me mostre felon;
e tu, mia Sennor, roga- /ll' agora e enton
muit' afficadamente / por mi de coraçon,
e por este serviço / da-m' este galardon.
Pois a ti, Virgen, prougue / que dos miragres teus
fezess' ende cantares, / rogo-te que a Deus,
teu Fillo, por mi rogues / que os pecados meus
me perdon e me queira / reçebir ontr' os seus
no santo parayso, / u éste San Matheus,
San Pedr' e Santiago, / a que van os romeus,
e que en este mundo / queira que os encreus
mouros destruyr possa, / que son dos Filisteus,
com' a seus enemigos / destruyu Machabeus
Judas, que foi gran tempo / cabdelo dos judeus.
Página principal | El Grupo SEMA | Volver al programa |